«Xosé en Londres» Artistada (cap.35. 18/03)
O capítulo comeza con Xosé na cociña preparará dous «apetitosos» pratos ingleses: mexillóns en salsa de manteiga e pastel de porco. Todo regado cunha exquisita sidra. Mexillóns, porco e sidra. Calquera diría que Xosé non ten morriña... Despois dese nutritivo almorzo, Xosé vai de visita artística, pero neste caso non vai a ningún museo, senón a un taller artístico onde traballa desde hai 12 anos a fotógrafa e pintora santiaguesa Dolores Sánchez. Xosé coñecerá Londres desde a peculiar e aguda óptica desta premiada fotógrafa galega.
Visto 0 veces