«Xosé en Londres»
Un mozo galego terá que arranxarse co seu inglés para buscar algún paisano por Londres. Contactar en: xoseenlondres@vtelevision.es. Segue as súas aventuras no seu blog.
Xosé en Londres é o relato dunha aventura en forma de diario audiovisual: a de Xosé en Londres. Un mozo galego que non chega aos 30 anos. Un periodista no paro, despistado e con un inglés básico, de «juan, chu fri». Marcha a Londres para iniciar unha nova vida .A historia de Xosé ten unha peculiaridade, un reto. Deberá buscar e atopar un galego en cada rincón da cidade do Támesis. Segue as suas aventuras no seu blog. Pódese contactar co programa a través do seguinte email: xoseenlondres@vtelevision.es.