Publicidad
ADS_VTELEVISION:3852:www.vtelevision.es
ADS_EXTERNO:18844/133180:3852:A1
ADS_VTELEVISION:3851:www.vtelevision.es
ADS_EXTERNO:18844/133180:3851:A2

Xiz

CONCURSO   

«XIZ»

Divertido, áxil e sorprendente. Así é o novo concurso de V Televisión onde os concursantes, profesores e colexios participantes levarán fantásticos premios.

XIZ é o novo concurso diario de V Televisión. Divertido, áxil e sorprendente. No noso plató, escolares de toda Galicia veñen a pasalo ben e comprobar o seu enseño en todo tipo de materias. Galicia, historia, cultura, natureza, matemáticas, linguas, cultura xeral... Todo ten cabida.

64 colexios das 4 provincias de Galicia pasan polo concurso na procura dun posto na grande final. Pero aquí non temos eliminatorias, aquí temos xogos. Non hai gañadores nin vencidos, hai un tempo para pasalo ben.

En XIZ, ninguén vai para casa coas mans baleiras. Concursantes, profesores e colexios participantes levarán fantásticos premios como enciclopedias, consolas, reprodutores portátiles, tablets ou viaxes a parques temáticos. Xa o sabes, en XIZ, todas e todos gañan.

XIZ é tamén un concurso que permite xogar dende casa. Adultos e pequenos poden comparar os seus coñecementos e pasalo ben dun rato entretido en familia. Quen sabe mais, a avoa ou o neto? O curmán ou a nai? Aquí todos teñen un oco. E o que non saibas, o aprendes.

Por qué o obxectivo de XIZ é aprender, pero sobre todo, pasalo ben.

Cres que sabes máis que os nosos concursantes? Pois durante a emisión do programa, na web tes tamén a posibilidade de xogar as nosas probas e comprobar canto sabes.

Emisión

Xiz inicia o seu camiño o vindeiro 21 de marzo e emitirase ininterrompidamente, de luns a venres ás 20.15 horas, ata chegar o último programa, a mediados do vindeiro mes de xuño.

     
 

Vídeos recomendados

Cargando

© Copyright Medios Digitales de Galicia S.A.U
Ronda de Outeiro 1-3 bajo; 15006, A Coruña (España)
Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 3068 del Archivo, Sección General, al folio 110 vto. hoja nº C-38.213. CIF: A 70045968.