"Sobre Rodas" Detective, tartas personalizadas e lencería (cap. 5- 3t-10/02)
Neste novo capítulo de «Sobre Rodas» agárdannos moitas sorpresas, xa que coñeceremos de preto a profesión dun detective privado. ¿Será Sonia capaz de acompañar a Armando nunha serie de pescudas propias dun filme de Hitchcock? E da provincia de Pontevedra imos a Ourense con Luis Cavallé, un galego de ascendencia catalá que herdou o negocio familiar, o de comercial de produtos de lencería que moi amablemente, a nosa presentadora, lle axudará a vender. E rematamos con Fernando Suárez, o xestor da empresa «Tartamóvil», un traballo pioneiro na provincia da Coruña que traspasa as fronteiras do noso país. ¿Que sorpresa lle terán preparada ó equipo de Sobre Rodas estes reposteiros?
Visto 0 veces