«Sobre rodas» Coñecemos á última parella de afiadores galegos (cap.35-13/05)
Juan José e Antonio deben de ser a última ?parella? de afiadores que segue en activo por Galicia adiante. Percorren a provincia de Pontevedra coa fin de poñer a punto as ferramentas de traballo de moita xente. Ademais de pór o alcance dos clientes algúns útiles cotiás: son os multiusos de Tui. Nada que ver con Juan Carlos Pérez, presidente da Asociación Automóbil Club de Galicia, a primeira de vehículos clásicos históricos da nosa comunidade. Con 33 anos de idade xa posúe un parque de 9 coches nos que destaca un Cadillac do ano 53, no que irá con Sonia de paseo xunto os demáis socios do clube. Por último coñeceremos a historia de Ricardo Escudero, tres veces campión de España de Quad Cross e campión galego o ano pasado. Este crack do motor conducirá a Sonia ó seu circuito, no que probarán os quads dando unhas voltas.
Visto 0 veces