«A mochila do viaxeiro»
Descobre como se desenvolven as festas culturais e gastronómicas máis destacadas.
«A mochila do viaxeiro» é unha serie documental de actualidade que xira en torno ás festas culturais e gastronómicas máis destacadas do noso país. A través da figura dunha viaxeira, a serie descobrerá como se desenvolven as celebracións, nunha única xornada festiva, nos distintos lugares que a intrepida viaxeira visitará ao longo deste 2011. Vive o mellor de cada celebración, vivindo en primeira persoa os actos e as celebracións de cada programa festivo, que incluirán entrevistas e reportaxes coas mellores imaxes de cada festa.