Mobilízate
Seguindo a estrutura dos flashmobs mobilizaranse a 13 colectivos galegos para desenvolver actividades espectaculares.
Mobilízate é un programa de televisión de contido social no que achegamos a distintos colectivos de Galicia a posibilidade de facer sonar a súa voz e construír accións de carácter espectacular que trascenden a súa actividade cotiá. Así, seguindo a estrutura dos flashmobs, accións multitudinarias aparentemente improvisadas desenvolvidas en espazos públicos, mobilizaremos a trece colectivos galegos para desenvolver actividades espectaculares que garden relación coas súas reclamacións ao tempo que coñecemos en profundidade os seus problemas e a súa realidade cotiá.
Trátase dun programa de superación persoal no que os distintos colectivos demostrarán que a forza que os une permítelles afrontar calquera reto, o mesmo bailar unha multitudinaria coreografía que construír un invento que solucione os seus problemas para sempre.