«Mobilízate» «Beyoncé se reencarna en Salvaterra» cap. 6 (18/11)
As mulleres rurais, rexas matriarcas da estrutura galega tradicional, son hoxe un dos colectivos máis dinámicos da nosa sociedade. Acudimos para demostralo a Salvaterra de Miño, onde as socias da Asociación Tempo Gañado, demostran que saben facer unha chea de cousas e queren seguir a aprendelas. Teñen que gañarlle todo o tempo á vida e queren facelo día tras día.
Visto 0 veces