MOBilízate

DOCUREPORTAJE   

MOBilízate

Seguindo a estrutura dos flashmobs mobilizaranse a 13 colectivos galegos para desenvolver actividades espectaculares.

MOBilízate é un programa de televisión de contido social no que achegamos a distintos colectivos de Galicia a posibilidade de facer sonar a súa voz e construír accións de carácter espectacular que trascenden a súa actividade cotiá. Así, seguindo a estrutura dos flashmobs, accións multitudinarias aparentemente improvisadas desenvolvidas en espazos públicos, mobilizaremos a trece colectivos galegos para desenvolver actividades espectaculares que garden relación coas súas reclamacións ao tempo que coñecemos en profundidade os seus problemas e a súa realidade cotiá.

Trátase dun programa de superación persoal no que os distintos colectivos demostrarán que a forza que os une permítelles afrontar calquera reto, o mesmo bailar unha multitudinaria coreografía que construír un invento que solucione os seus problemas para sempre.

 

Vídeos recomendados

Cargando

© Copyright Medios Digitales de Galicia S.A.U
Ronda de Outeiro 1-3 bajo; 15006, A Coruña (España)
Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 3068 del Archivo, Sección General, al folio 110 vto. hoja nº C-38.213. CIF: A 70045968.