«Xente Emerxente»
Cada semana tres novos artistas galegos presentaranse ao gran público. Eles fan cousas, e nós queremos velas
En Xente Emerxente os espectadores coñecerán cada semana a 3 novos artistas galegos, ben sexan músicos, deseñadores, escritores, cómicos, debuxantes, pintores ou cineastas. Eles mesmos guían o programa e nos amosan as súas fontes de inspiración e a súa obra. Vangarda, innovación, novas tendencias e mozos con inquedanzas artísticas. Eles fan cousas e nós, queremos velas, eles son Xente Emerxente.