Publicidad
ADS_VTELEVISION:3852:www.vtelevision.es
ADS_EXTERNO:18844/133180:3852:A1
ADS_VTELEVISION:3851:www.vtelevision.es
ADS_EXTERNO:18844/133180:3851:A2
 
Xente Emerxente 

"Xente Emerxente"Snt-Crew, rapeiros, Alba, deseñadora de tocados, Olalla, ilustradora, Juan Manuel, cocteleiro (cap. 3 ?16/06)

En Xente Emerxente coñeceremos aos rapeiros Bolich, Fedemús e Pofo. Eles son de Santa Cruz de Oleiros, afeccionados do Depor e fanse chamar SNT Crew. Levan xuntos desde o 2003, están a piques de gravar a súa segunda maqueta e non haberá quen llelo impida. Alba é licenciada en Filoloxía Hispánica, pero desde hai un ano... o seu é o deseño de tocados. Pezas únicas, feitas a man e inspiradas no cine dos anos 50, como o nome da súa marca... ?La Dulce?. Glamur cun toque chic desde A Coruña. Tamén son pezas únicas as que prepara Juan Manuel. Juan Manuel vén de proclamarse campión galego de coctelería. Este barman é todo un artista mesturando texturas e sabores e dando de probar os experimentos ás súas compañeiras. Olalla é unha artista do photoshop, aínda que non sempre necesita usalo. Non lle fixo falta no último catálogo que preparou dos bombeiros de Vigo. SNT Crew, Alba, Juan e Olalla. Eles fan cousas e nós, queremos velas. Eles son Xente Emerxente.

Compartir: 
 
ADS_VTELEVISION:cion:www.vtelevision.es
Cargando

© Copyright Medios Digitales de Galicia S.A.U
Ronda de Outeiro 1-3 bajo; 15006, A Coruña (España)
Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 3068 del Archivo, Sección General, al folio 110 vto. hoja nº C-38.213. CIF: A 70045968.