«Ata a cociña!»
Dani Guzmán convídache a un completo e exquisito menú de receitas da cociña tradicional galega.
Programa útil e desenfadado de divulgación culinaria, guiado polo carismático cociñeiro Dani Guzmán. Comarca por comarca, Guzmán amosa as receitas tradicionais máis exquisitas da gastronomía galega. Ademais, os televidentes propoñen desafíos culinarios para resolver en pouco tempo e moi bo gusto. Se non tes nada na neveira e recibes unha visita inesperada, en «Ata a cociña» demostrarase como quedar ben con ela. Ademais, entre as súas seccións poderás aprender protocolo na mesa, ou realidades e falsidades sobre a nutrición.